O concello de Boborás oferta dous obradoiros de cestería e tapizado

O Concello de Boborás agora que se achega o mes de setembro anuncia as seguintes actividades  promovidas a través da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Trátase dos Obradoiros de cestería, que se celebrará en dous grupos, un o luns e xoves e outro o martes e venres, das 18:00 horas ás 21:00 horas, no local social da Almuzara.

Publicidade

O outro obradoiro será de tapizado, os venres día 3, 10, 17 e 24 de setembro. Para ambos será necesario inscribirse previamente, no teléfono 988402008 ou nas oficinas do concello.