Rally do Lacón: chegada ó Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Rally do Lacón volve este ano con máis forza ca nunca logo dun parón de 15 edicións. A lista de equipos inscritos alcanza os 134, con nomes moi coñecidos no panorama do motor. A proba está dividida en dúas xornadas. Dende a mañá de onte venres, os vehículos xa chegaron ó Carballiño, ubicándose nas rúas do casco urbano para pasar o recoñecemento técnico. Estivemos con eles, comprobando as gañas que xa había de disputar esta proba logo de tantos anos de espera. Tamén puidemos falar hoxe cun veterano dos rallies, Antonio Pérez Orozco, con pasión polo motor herdada dende varias
xeracións.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño acolle unha participación envexable, a pesar de que coincide co Rally de Ferrol, puntuable para o Supercampeonato de España de Rallys. Onte, trala cancelación do shakedown, so se celebrou unha etapa especial no trazado da Subida á Saleta, con agrupamento e saída na Igrexa da Veracruz.
Hoxe sábado, haberá oito tramos, organizados do seguinte xeito:

  • Tramo 2: Cenlle- San Amaro (07:54 horas)
  • Tramo 3: Piñor- O Irixo (08:48 horas)
  • Tramo 4: Cenlle- San Amaro (11:12 horas)
  • Tramo 5: Piñor- O Irixo (12:06 horas)
  • Tramo 6: Leiro- Boborás (15:57 horas)
  • Tramo 7: Amoeiro- Maside (16:57 horas)
  • Tramo 8: Leiro- Boborás (19:18 horas)
  • Tramo 9: Amoeiro- Maside (20:18 horas)