O Ribeiro repite a situación de onte. Cinco concellos están libres de covid

No Ribeiro, a comarca presenta un total de 12 contaxios (mesma cifra ca onte). Avión segue á cabeza en infeccións activas por covid, con 4 casos activos, os mesmos ca onte. Ribadavia presenta 3 casos activos, mesma situación dende o pasado mércores. Castrelo de Miño mantén 3 casos activos e Beade e Cortegada contan cun positivo cada un deles. E Arnoia, Carballeda de Avia, Cenlle, Melón e Leiro están libres de covid.

Publicidade