Melón, Avión e Beariz porán en marcha o Obradoiro de Emprego Faro

A Consellería de Emprego e Igualdade ven de conceder unha subvención de 346.946€ para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego, para a realización do proxecto do obradoiro dual de emprego denominado “OBRADOIRO DE EMPREGO FARO” para 20 alumnos/as traballadores/as distribuidos nas correspondentes especialidades formativas. Deste Obradoiro de Emprego participan os concellos de Melón, Avión e Beariz.

No Concello de Beariz contémplanse accións encamiñadas á resucperación das áreas recreativas denominadas Alameda e Calzada.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Alameda é unha zona da capitalidade de carballeiras e soutos procedente da rexeneración natural destas especies autóctonas en campos e hortas abandonadas da súa actividade agraria. Os camiños que  comunican co río da Ponte da Pedra e Piñeiros están en condicións precarias debido ao desuso e á actividade dos xabaríns. Existe unha presa de auga que leva auga ós campos da zona desde o río e que tamén etá totalmente abandoada. Nesta zoa as actuacións previstas serán a recuperación dos camiños existentes e da presa mediante o desbroce e libramento de entullos procedentes da caída de muros e ribadas.

A Calzada é a denominación que ten o tramo do río Beariz dende a Ponte Garfián ata Piñeiros. Neste tramo o río está remansado por dúas presas que captan auga para os muíños fariñeiros, hoxe en día restaurados polo Concello.

Este remanso servía de lugar de baño no verán e polo tanto de zona de ocio.

Nesta zona farase unha selección de gromos na rebeira do río e desbroces da zona de servidume (zona de policía do río).

Con estas actuacións preténdese facilitar a recuperación dos usos sociais das dúas zonas e a posta en valor de elementos patrimoniais como os muíños fariñeiros, os muíños de fundición, a serra, a Ponte Piñeiros e o entorno natural dos ríos Beariz e Ponte da Pedra.

Os alumnos traballadores do Módulo de Control e Protección do Medio Natural realizarán as seguintes obras: limpeza do entorno empregado medios mecánicos e manuais (podadoras, desbrozadoras, motoserras etc) apeado das especies arbóreas para facilitar a entrada do sol no entorno e limpeza e recollida do lixo acumulado