A Escola Municipal de Fútbol de Arnoia abre o prazo de inscrición

O Concello de A Arnoia informa de que xa está aberto o período de inscrición para o curso 2021-2022 na Escola de Fútbol Municipal. As clases comezarán o vindeiro venres 1 de outubro, cumprindo cos protocolos de seguridade establecidos pola Federación. Tamén se conta con seguro de lesións individuais.

As inscricións poderán realizarse ata o 29 de setembro no Concello ou no teléfono 988 486 900. Os adestramentos serán os venres de 16 a 18 horas, no polideportivo de A Arnoia para mozos desde os 4 aos 14 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES