O Carballiño baixa un caso ata os 16 casos activos e Ribadavia mantén tres contaxios

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 22 (-2) contaxiados. A capitalidade da comarca rexistra 16 casos activos, un caso activo menos nesta xornada. Punxín conta con dous casos activos e Piñor, que tiña onte dous casos, hoxe baixa ata un so contaxios. Boborás mantén un contaxio, igual ca Maside e San Cristovo de Cea. Beariz, O Irixo e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro,  a comarca rexistra 3 casos activos, todos do concello de Ribadavia, a súa capital, a mesma situación ca onte. Todos os demais concellos están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES