Un operario resultou ferido o ser esmagado por unha máquina en Cea

Un operario tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado ao centro hospitalario de referencia despois de resultar ferido ao ser esmagado por unha máquina na estrada de Castrelo.

Publicidade

O 112 Galicia tivo coñecemento deste accidente laboral contra as catro e media da tarde a través do aviso dun dos compañeiros do operario. Afirmaba que o traballador xa estaba liberado, pero necesitaba asistencia médica urxente. Así, para prestar apoio aos profesionais sanitarios, desde o 112 solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil de San Cristovo de Cea.