Afundación acolle en Ourense a exposición «Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago nos impresos do Barroco compostelán»

A inauguración terá lugar mañá, xoves 23 de setembro, ás 20.00 h, na Sala de Exposicións de Afundación en Ourense

A instancias do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, esta mostra, comisariada por Yolanda Barriocanal, conta tamén coa participación da Xunta de Galicia

AVANTAR ACTIVIDADES

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá a partir de mañá, xoves 23 de setembro, ás 20.00 h, a mostra «Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago nos impresos do Barroco compostelán», unha mostra comisariada por Yolanda Barriocanal deseñada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e que conta coa participación da Xunta de Galicia. O acto de inauguración do proxecto expositivo contará coa presenza de Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Xosé Carlos Caneiro, vicepresidente de Afundación, a Obra Social ABANCA; Xulio Rodríguez, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense; e Yolanda Barriocanal, comisaria da mostra.

EventoInauguración da mostra «Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago nos impresos do Barroco compostelán»
LugarSala de Exposicións Afundación Ourense
Data e horaXoves, 23 de setembro, ás 20.00 h
AsistenciaAnxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia Xosé Carlos Caneiro, vicepresidente de Afundación, Obra Social ABANCA Xulio Rodríguez, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense Yolanda Barriocanal, comisaria da mostra