O Castro de Garfián, en Beariz, contará cunha limpeza manual

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural autorizou ao arqueólogo Celso Hugo Barba Seara para realizar a actividade arqueolóxica denominada “Proxecto de control arqueolóxico dos traballos re roza e limpeza de vexetación, documentación e posta en valor de xacemento arqueolóxico do Castro de Garfián”.

O xaceemnto está emprazado sobre un outeiro que destaca sobre o controno. Na zona sur desta floración, hai 3 rochas próximas entre si nas que se observan un mínimo de 11 cazoletas, así como varias liñas alongadas (posibles serpentiformes), dous rebaixes rectangulares e 3 cruces gravadas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os traballos a executar e controlar son os seguintes:

  1. Limpeza do castro: procederase a unha limpeza con medios manuais (rozadoras mecánicas) tanto do recinto principal (croa) como da zona de acceso ao igual que no contorno dos terrapléns co fin de delimitar con maior exactitude a extensión propia do xacemeto. A roza resultanto será retirada do xacemento para posteriormente proceder á súa queima controlada.
  2. Levantamento topográfico: unha vez limpo o xacemento procederase ao seu levantamento topográfico. Esta actuación será básica para futuras actuacións no castro.
  3. Colocación de cartel explicativo perto do camiño, na parte baixa do castro, para facilita – la comprensión do xacemento ao visitante. O texto incluirá a descrición e croque detallado do xacemento xunto cun debuxo dos petróglifos situados nas rochas da croa.

O Control arqueolóxico ten como obxecto principal evitar a destrución e / ou alteración de restos arqueolóxicos que se atopan dentro do xacemento


VIDEO SPOT BEARIZ en BADAL TV