A Xunta de Galicia ven de aprobar o expediente para a renovación do colector da rede de saneamento en Abelenda, no concello de Avión, cunha contía de orzamento que supera os 47.000€. O prazo de execución das obras fíxase nun mes.
A subvención foi concedida por Augas de Galicia e está destinada á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración.
Actualmente, o colector da rede de saneamento do núcleo de Abelenda atópase en mal estado polo que é necesario a súa renovación así como a construción de rede de pluviais.
VIDEO SPOT AVIÓN en BADAL TV
