A Consellería de Cultura concedeu unha subvención de 14.400 euros ao Concello de Beariz para un proxecto de dixitalización de fondos do arquivo do Concello de Beariz. A empresa encargada de levar a cabo tal actuación é UNAYTA.
O número de páxinas que se van a dixitalizar é de 21640. O obxectivo básico desta actuación é definir os procesos de dixiltalización, creación e descrición de obxectos dixitais para que sexan difundidos, privados e integrados no Arquivo Dixital e no recolector “Galiciana” Patrimonio Dixital de Galicia, do fondo documental do Arquivo Municipal de Beariz coa finalidade de mellorar o uso, consulta, difusión e preservación dos recursos documentais.
A selección de series susceptibles da dixitalización son: libros de acta de sesións de plenos e da Comisión Permanente, expedientes de actividade mineira, feiras, repoboacións de montes, creación de escolas, ordenanzas … todo comprendido entre os anos 1899 e 2005. Dita documentación, de carácter local contribúe a aumentar o valor socioeconómico do Concello. O Concello considera este traballo como unha oportunidade de transformación do seu fondo tradicional, maioritariamente en soporte de formato papel, e de migración aos formatos actuais. Seleccionouse aquela documentación máis susceptible de ser convertida en formato dixital para respaldar as labores de conservación de patrimonio material do Concello, así como contribuír á preservación e posta a disposición ante a cidadanía.
A Consellería de Cultura concedeu unha subvención de 14.400 euros ao Concello de Beariz para un proxecto de dixitalización de fondos do arquivo do Concello de Beariz. A empresa encargada de levar a cabo tal actuación é UNAYTA.
O número de páxinas que se van a dixitalizar é de 21640.
O obxectivo básico desta actuación é definir os procesos de dixiltalización, creación e descrición de obxectos dixitais para que sexan difundidos, privados e integrados no Arquivo Dixital e no recolector “Galiciana” Patrimonio Dixital de Galicia, do fondo documental do Arquivo Municipal de Beariz coa finalidade de mellorar o uso, consulta, difusión e preservación dos recursos documentais.
A selección de series susceptibles da dixitalización son: libros de acta de sesións de plenos e da Comisión Permanente, expedientes de actividade mineira, feiras, repoboacións de montes, creación de escolas, ordenanzas … todo comprendido entre os anos 1899 e 2005. Dita documentación, de carácter local contribúe a aumentar o valor socioeconómico do Concello.
O Concello considera este traballo como unha oportunidade de transformación do seu fondo tradicional, maioritariamente en soporte de formato papel, e de migración aos formatos actuais.
Seleccionouse aquela documentación máis susceptible de ser convertida en formato dixital para respaldar as labores de conservación de patrimonio material do Concello, así como contribuír á preservación e posta a disposición ante a cidadanía.
VIDEO SPOT BEARIZ en BADAL TV
