O Carballiño repite a situación de onte con tres casos e Maside mantén dous contaxios

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 5 (=) contaxiados. A capitalidade da comarca rexistra 3 casos activos. Maside conta con dous casos activos. Os demais concellos tamén están libres de covid.

No Ribeiro,  a comarca rexistra 12 (-4) casos activos. Tres casos correspóndense ca súa capital, Ribadavia, que presenta un menos ca onte. E outros 8 de Melón, que presenta tres casos menos. Leiro, libre de covid ata a pasada semana, conta con dous casos. E Avión, libre de covid, presenta hoxe un caso activo. Todos os demais concellos están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES