Yago Fernández Obenza, do Club Ciclista Os Mosqueteiros, logrou grandes resultados na competición celebrada esta pasada fin de semana en Carballo. Conseguiu un 2° posto en Élite e un 3° posto en categoría xeral e 2° en Élite na Copa Galicia.
Tamén Antonio Marnotes asistía a última proba da Copa de Galicia maratón quedando en terceiro lugar, validando asi a súa 3ª posición na categoria Master 50

Sofía da Silva foi outra das caras vencedoras dentro deste club. Logrou un primeiro posto en categoría Master 30 e un cuarto posto en categoría xeral ademais de quedar coma campioa en M30 Copa Galicia Maratón. Noraboa para estes tres campións.
