Galicia presenta 33 contaxios nas últimas 24 horas, cun total de 620 na comunidade

21 December 2020, US, Worcester: A man fills a syringe with the Pfizer Coronavirus (Covid-19) vaccine at a vaccination centre in UMass Memorial Hospital in Worcester. Photo: Allison Dinner/ZUMA Wire/dpa 21/12/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN

A comunidade galega rexistra hoxe 33 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 620, 19 casos menos ca onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un descenso leve. Do total de pacientes positivos en Galicia, 10 (-2)  están en UCI e 28 (-3) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 7 contaxios novos e restando as altas, os casos totais chegan ata os 112 casos activos, 6 menos nesta xornada. Temos unicamente 2 persoas ingresadas con covid na provincia. Os hospitais hoxe presentan 1 (-1)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=)  na UCI.