Concesión dunha subvención ao Concello de Leiro para “Sinalización turística con ocultación de contedores en zonas rurais”

IES CHAMOSO LAMAS

Procedemento: Subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de
mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021

Asunto: Resolución definitiva de concesión de subvención.
FEITOS

HIPER MASIDE
  1. Por resolución da directora de Turismo de Galicia do 13 de setembro de 2021, (DOG,
    núm.180 do 17/09/2021), establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en
    réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000
    habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa
    convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503D).
  2. No expediente consta que a entidade beneficiaria presentou en prazo a
    correspondente solicitude de subvención e que conta coa documentación esixida nas
    bases reguladoras da convocatoria.

CONSIDERACIÓNS TÉCNICAS E LEGAIS

  1. De conformidade co disposto no artigo 10 das bases reguladoras, a Xerencia da
    Axencia Turismo de Galicia é o órgano competente para a instrución do procedemento e
    correspóndelle ditar esta resolución á persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de
    Galicia.
  2. As subvencións reguladas nestas bases serán compatibles coa percepción doutras
    subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo obxecto e finalidade
    procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais ou de
    organismos internacionais, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía
    que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou
    recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados,
    nacionais ou internacionais, supere o custo da actuación subvencionada.

RESOLVO:
Conceder ao Concello de Leiro con unha subvención para o proxecto
solicitado de acordo coas seguintes condicións:


Denominación proxecto: Sinalización turística con ocultación de contedores en zonas rurais

Subvención concedida: 29.649,84 €


VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV

CONCELLO DE LEIRO