O Irixo acolleu a Copa Deputación de kickboxing con máis de cen participantes

Esta pasada fin de semana, o pavillón municipal do concello do Irixo acolleu a Copa Deputación e o campionato galego de clubes de kickboxing. Esta competición está organizada polo Club Fundación Cipri Gomes.

As tres modalidades nas que se compite forn point fighting, light contact e kicklight, con rondas de clasificación durante a mañá e  rondas finais e entrega de premios pola tarde, acollendo a un gran número de participantes durante esta xornada. Un total de máis de cen participantes de 19 clubes representaron a este deporte das catro provincias galegas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o ximnasio Madokoan do Carballiño, participaron seis rapaces e dúas rapazas nesta proba, un evento que pretende promocionar o deporte e incluír o rural nel.

Ademais da boa acollida deste evento no concello, o alcalde anunciou que a partir do 21 de outubro retomaranse as clases municipais de kickboxing.

O presidente do clube no Irixo animou a todos os queiran participar a acudir, ademais de manter a meta de lograr que Copa Deputación se asente neste municipio.