Sobrado presenta o último número da revista “Argentarium” como presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas

Ducias de artigos sobre as máis diversas temáticas conforman ao longo de 250 páxinas o contido da revista Argentarium, que edita o Centro de Estudios Chamoso Lamas e cuxo número especial está dedicado ao 25 aniversario da entidade cultural carballiñesa.

Publicidade

Na súa presentación, que tivo lugar o pasado venres, o alcalde Francisco Fumega destacou a labor tan importante feita nestes anos a prol da cultura.

O presidente da entidade, José Luis Sobrado, agradeceu a presenza dos asistentes e puxo en valor o traballo feito durante estes anos para facer do Carballiño unha referencia cultural.

A revista presenta 20 artigos, algúns deles con temáticas tan suxestivas como o coñecemento da escultura urbana do Carballiño, o urbanismo e actividade empresarial ou o importantísimo achado de restos do primitivo mosteiro de Melón na localidade de Barcia, xunto cun repaso da actividade do grupo ó longo do cuarto de século de existencia.

Neste acto, o presidente José Luis Sobrado, anunciou tamén que este é o último número que presenta, dando a coñecer a súa decisión de abandonar o cargo que leva 21 anos representando.