O Arenteiro Fotográfico contará con 22 exposicións, charlas, cursos e coloquios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá, o concello do Carballiño acolleu a presentación do Arenteiro Fotográfico, da man da asociación O’Potiños. Este evento está composto por 22 exposicións no Carballiño ó longo de dous meses, charlas, cursos e coloquios, que farán a esta vila un referente unha vez máis no eido fotográfico galego.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, deu a noraboa a esta asociación por manter a súa actividade a pesar da pandemia, e polos éxitos que elevan ó Carballiño ó panorama fotográfico galego.

O presidente de O’Potiños, Manuel Blanco, agradeceu a colaboración do concello no seu traballo e destacou a boa acollida das diferentes agrupacións galegas para participar no Arenteiro Fotográfico.

A inauguración será o 16 de outubro as 19:00h na Casa da Cultura do Carballiño, con entrada é libre. Ese dia haberá unha charla de Brais Lorenzo sobre o seu traballo “Tempos de Pandemia” e tamén a entrega de premios dos dous concursos fotográficos, tanto o de Libre como o do Carballiño.

O presidente tamén animou a todos os principiantes a inscribirse ó curso de iniciación que se celebrará durante catro sábados.