A Coral Polifónica Do Casino celebra hoxe o 38º festival de música Galaico-Portuguesa

O concello do Carballiño acolleu o xoves a presentación do 38º festival de música Galaico-portuguesa que organiza a Coral Polifónica do Casino ca colaboración do Concello. O evento “Concerto nº1 Iacobus: a voz dos camiños” terá lugar este sábado día 16, ás 20:00 horas, nas instalacións do Casino do Carballiño.

Publicidade

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, ensalzou a variedade de actividades para este mes de outubro da man das asociacións e recalcou o traballo deste festival, que deixa sempre un resultado espectacular para os visitantes.

O director da Coral, Jaime González Pichel, falounos do programa para este ano, que será moi variado e cun único fío conductor que é “A voz dos camiños”. Ademais da Coral do Casino, participará a Coral da Misericordia de Santo Tirso, de Oporto.

Pilar Caballero, vicepresidenta da Coral, recordou que este ano volven co festival logo dun ano paralizado pola pandemia, e destaca o nexo de unión de retomar este tipo de eventos.