O Sporting Carballiño pide melloras no estadio para o inicio da tempada

IES CHAMOSO LAMAS

O Sporting Carballiño, que usa tamén as instalacións da Uceira, cada tempada solicita do Concello do Carballiño unhas melloras mínimas para facer do recinto un lugar cómodo e agradable ó que acudir. Esta tempada, afirman que lle manifestaron á Concelleira de Deportes Silvia Baranda, as necesidades, entre elas o uso dos servicios da nova zona de reunións nos días de partido, prolongar a cuberta desa construción á liña da actual grada para dispor de máis espazo cuberto e arranxar o peche perimetral. Aseguran que ningunha das peticións se fixo realidade. Hoxe falamos sobre este tema co seu presidente, Jordi González.

Ademais, fan responsable único de non dispor de baños públicos decentes á Directiva do Arenteiro que é o único que ten a chave por cambiarlle a pechadura sin consensualo con ningún departamento do Concello.

HIPER MASIDE