A exposición do 120 aniversario do asilo Irmáns Prieto chega á praza maior

A residencia de maiores Irmáns Prieto do Carballiño celebra este ano o seu 120 aniversario. Unha das conmemoracións desta data tan especial foi a elaboración de varios cubos con fotografías do día a día no centro, amosando ós seus maiores nas súas tarefas cotidiás, coma as actividades ou o coidado da horta. Esta mostra estaba dispoñible para a súa visita no patio exterior da residencia, e agora está instalada na praza maior do Carballiño.

O pasado 15 de setembro tivo lugar a celebración oficial deste aniversario, cunha Eucaristía a cargo do bispo de Ourense, Leonardo Lemos, e diversas actividades, entre elas a proxección dun vídeo de homenaxe, actuacións musicais e olimpíadas deportivas para os maiores.

AVANTAR ACTIVIDADES