O Sporting Carballiño, que usa tamén as instalacións da Uceira, solicitou para esta tempada unha serie de melloras ó concello. Entre elas o uso dos servicios da nova zona de reunións nos días de partido, prolongar a cuberta desa construción á liña da actual grada para dispor de máis espazo cuberto e arranxar o peche perimetral. A concelleira Silvia Baranda pediu paciencia, asegurando que o proxecto estaba en marcha e que farán todo o posible porque estea rematado en dúas semanas.
En canto á problemática de acceder ós baños por falla de chave para abrilos, a concelleira asegura que ó ser utilizado durante dous anos polo C.D. Arenteiro, son eles os únicos que contan con chave, e non hai problemas en solicitarlla.
Ademais, a concelleira amosou o seu apoio total ó Sporting, así como a calquera deporte que teña lugar no Carballiño.