Ourense repunta os casos activos con 12 contaxios nas últimas 24 horas

A comunidade galega rexistra hoxe 30 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 416, cinco menos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 8 (=)  están en UCI e 18 (-3) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 12contaxios novos, cun leve repunte, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 44 casos activos, sete máis nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 2 (=)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES