Moción do Bng de Ribadavia sobre as áreas rehabilitación integral ( ARI )

Moción a prol da declaración como área de rehabilitación integral dos núcleos de poboación susceptibles do concello de Ribadavia

Publicidade

Aínda que moi de actualidade no debate social e político, o despoboamento, o acceso á vivenda e a degradación dos cascos históricos son problemas que afectan gravemente ao noso concello dende hai décadas e están estreitamente relacionados entre si.

O escaso asentamento de poboación xove está detrás do paulatino despoboamento, que conduce ao baleirado de vivendas, sobre todo nos cascos históricos. Desde 1999 está aprobado o PERI do Casco Histórico de Ribadavia e a ARI de San Cristovo desde 2008. As actuacións que se teñen levado a cabo contribuíron á unha importante rehabilitación de vivenda e espazos urbanos que aínda non concluíu.

Sen embargo, nos demais núcleos de poboación observamos como en maior ou menor medida o despoboamento e degradación dos cascos históricos non se freou e en moitos casos as edificacións en estado ruinoso son as predominantes.

Desde os gobernos estatal e autonómico estase a anunciar a rehabilitación de vivenda e a súa accesibilidade económica como obxectivos prioritarios para os vindeiros orzamentos, polo que consideramos que o concello de Ribadavia debe promover que as axudas á rehabilitación de vivenda e a recuperación de espazos urbanos degradados se estenda a máis núcleos de poboación.

      Por estes motivos propomos ao  Pleno do Concello de Ribadavia a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1. Iniciar os procedementos que permitan ao Concello de Ribadavia solicitar á Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo que se produza a declaración comoÁreas de Rehabilitación Integral (ARI) de todos os núcleos urbanos situados no concello de Ribadavia que poden ser declarados como ARI.


Que é unha ARI?

Declaración

As Áreas de Rehabilitación Integral declararanse por resolución da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, a petición dos concellos interesados en que se declare unha área no seu territorio. 

Procedemento

O procedemento de declaración a instancias do concello iniciarase mediante unha solicitude dirixida á Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo acompañada da seguinte documentación:

a) Certificado de acordo do concello que aproba a solicitude da declaración de área de rehabilitación integral conforme a clasificación prevista no artigo seguinte. 

b) Delimitación do ámbito proposto, determinación do planeamento vixente e parámetros urbanísticos polos que está afectada a área proposta. 

c) Compromiso do concello para crear ou manter una oficina municipal de rehabilitación, con medios suficientes, para a xestión e o impulso de actuacións de rehabilitación no ámbito. 

d) Memoria explicativa

Clases de Áreas de Rehabilitación Integral:

Áreas de rehabilitación integral xerais: 

Son as áreas de rehabilitación integral que non pertenzan a ningunha das categorías consideradas nos apartados seguintes.  Neste suposto, o ámbito delimitado deberá ter como mínimo 50 vivendas.

Áreas de rehabilitación rurais: 

Son as áreas de rehabilitación integral que se declaren en concellos menores de 5.000 habitantes e a súa configuración sexa predominantemente rural. Neste suposto, o ámbito delimitado deberá ter como mínimo 20 vivendas.

Casco Histórico de Ribadavia

Ao ámbito da área de rehabilitación aféctalle a declaración de conxunto histórico producida no ano 1947 e coincide co ámbito do Plano Especial de Reforma Interior (PERI) aprobado definitivamente polo pleno o 25 de febreiro de 1999. É preciso indicar que parte dos equipamentos de tipo administrativo (concello, xulgado…), sociais (antiga Casa da Cultura…) e relixiosos. A tipoloxía das edificacións na zona histórica son de tres plantas, un baixo dedicado polo xeral a adega e un primeiro piso a vivenda, ao que posteriormente se engadía adicións en altura polo déficit de solo ata chegar a outra planta máis, segundo as necesidades das familias. se encontran no casco histórico, algúns deles con engadido valor patrimonial.

Esta área foi declarada o 8 de xuño 1999 e nela sitúanse 733 vivendas obxecto de rehabilitación.

Casco Antigo de San Cristovo

O desenvolvemento do núcleo de San Cristovo é compacto, presentando o seu crecemento arredor da Igrexa. A altura media das edificacións no centro histórico é de dúas plantas (72,78%) existindo edificacións dunha soa planta (18,34%) e edificacións de tres plantas (8,88%). O uso maioritario é de vivenda unifamiliar. O comercio é inapreciable limitándose a unha tenda e unha carnicería. En canto a equipamento conta coa igrexa e o centro social.

Esta área foi declarada o 9 de xullo de 2008 e nela sitúanse 121 vivendas susceptibles de rehabilitación.