“Un traxe a medida”, así cualifica o BNG o novo procedemento para cubrir o posto de Administrador no Consello Municipal de Deportes

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo denuncian, ante a próxima xubilación do actual Administrador, o Goberno Local pretende crear un novo posto dentro da RPT pero á marxe da Mesa de negociación e establecendo a libre designación como procedemento de selección

 Na reunión desta mañá do Consello Reitor do CMD, o Grupo Municipal do BNG votou en contra da proposta remitida desde a presidencia para a modificación do posto de Xefatura da Administración do Consello Municipal de Deportes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os nacionalistas argumentan que dita modificación, supón en sí mesma, a creación dun novo posto dentro da RPT ao tempo que non conta co aval da Mesa Xeral de negociación xa que os sindicatos amosáronse contrarios con este proceder ao entender que non se axusta ao calendario de negociación aprobado na Mesa Xeral e por considerar inapropiado que dito posto pase a ser cuberto por libre designación e non a través dun procedemento de concurso ou mesmo de concurso – oposición.

Desde o BNG non comparten tampouco a urxencia esgrimida polo Goberno Local ao tempo que critican a improvisación e falla de previsión, pois como ben afirma o concelleiro Luis Seara, “estamos a falar dun posto que quedará vacante por xubilación, e dicir, algo fácilmente prececible, polo que non entendemos as presas de agora”.

Seara tampouco comparte a modificación do proceso de selección, que pasa a ser de libre designación e afirma que “todo o procedemento levado a cabo e as modificacións que se pretenden introducir na RPT parecen respostar ao feito de estarlle preparando un traxe á medida a alguén”.

Outro dos argumentos esgrimidos polo BNG ten que ver coa celeridade coa que o Goberno local pretende resolver todo o relativo a este posto e a tardanza por dar resposta ás demandas de parte do persoal, “como é o caso dos monitores que mesmo tiveron que acudir ao xulgado para reclamar o que lles corresponde”.

Por último, desde o BNG alertan do déficit de persoal no propio CMD, concretamente de socorristas, “que dificulta e dificultará enormemente que se poida prestar o servizo con plenas garantías. Levamos meses advertido sen que ate o momento o concelleiro teña feito nada”.