Galicia supera os 700 casos activos e incrementa a presión hospitalaria

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comunidade galega rexistra hoxe 54 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 745. A ocupación das camas dos hospitais presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 9 (+3) están en UCI e 30 (+4) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 3 contaxios novos, descendendo notablemente os dato da pasada semana, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 184 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 7 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=)  na UCI.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO