Boborás e a Xunta reformarán o Punto de Atención á Infancia

O concello de Boborás ven de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia que dirixe Fabiola García, para obras de mellora do edificio do Punto de Atención á Infancia e a ampliación do parque infantil existente por valor de 42.000 euros. Neste servicio están matriculados 12 nenos actualmente.

As obras do edificio consistirán no cambio de 3 ventás existentes na aula común, as persianas por unha máis lixeiras, a cubrición entre o espazo que hai entre o PAI e o Cole e a retirada dun chapa lateral do edificio. No parque infantil ampliarse o existente e colocaranse novos xogos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O edificio do PAI é do ano 1972 ao igual que o cole. Foi reformado para a reapertura no 2006 e no 2017 e con esta mellora quedará totalmente reformado.


VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV