A Xunta e o concello mellorarán o abastecemento de augas en Magros, en Beariz

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, sacou a concurso por preto de 93.000 euros as obras de renovación da rede de abastecemento de auga no solar de Magros, no concello de Beariz.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a contratación das obras. As empresas interesadas neste proxecto poderán presentar as súas ofertas dende hoxe ata o 20 de decembro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta intervención enmárcase no convenio de colaboración asinado en xuño, no que se recolleron as actuacións para dotar dunha nova rede de abastecemento aos barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo .

Segundo o convenio, a Xunta, cofinanciará a actuación nun 80%, ao tempo que asumirá a contratación da execución, dirección e dirección das obras.


VIDEO SPOT BEARIZ en BADAL TV