O concello cancela a Ruta das Tapas do mes de decembro pola evolución da covid-19

A Ruta das Tapas, que debería celebrarse mañá venres de novo, queda cancelada ata novo aviso. Dende o concello do Carballiño aseguran que se trata dunha decisión tomada por prudencia, ante o incremento de contaxios da covid-19 que se están a dar nestas últimas semanas. Agardan que para a próxima edición, no mes de xaneiro, a situación sanitaria permita que se poida levar a cabo.

Ademais, o sector hostaleiro tamén ve con preocupación estas datas de Nadal, que comezan a celebrarse con comidas e ceas de empresa. A situación en xeral fai que a xente volva á prudencia, aínda que algúns consideran que cumprindo cas medidas non teñen por qué cancelarse.

AVANTAR ACTIVIDADES