Marina Ortega do grupo socialista proponlle á Xunta estatexias específicas para estudar e prever o impacto negativo das novas tecnoloxías nos menores

Marina Ortega insta ao goberno a recabar o apoio dos profesionais na materia para “dilucidar cuestións clave que abran o camiño dunha situación para a que non estabamos preparados”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, propúxolle hoxe á Xunta que deseñe e execute estratexias específicas para o estudo e prevención do impacto negativo das novas Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación –TRIC- nos menores. Ortega presentou unha pregunta oral neste sentido na Comisión de Sanidade e Política Social celebrada hoxe no Parlamento.

AVANTAR ACTIVIDADES

A parlamentaria socialista instou ao goberno galego a colaborar coas universidades, os axentes sociais implicados e os colexios profesionais para deseñar un plan de acción coa mirada posta na prevención das consecuencias desta nova realidade. Reclamou a posta en marcha de actuacións específicas para “previr e aportar documentación aos pais e nais, familias, escolas e aos mesmos menores, que son os primeiros interesados”.

Sinalou que o goberno galego debe “ir da man dos profesionais implicados que poden dilucidar moitas das cuestións clave, que nos poidan abrir o camiño para adaptarnos e sobrelevar esta situación, que constitúe unha novidade para a que non estabamos preparados”. Sinalou que “igual que hai 40 anos estaba normalizado o consumo de tabaco cando ningún pai quería danar a saúde dos seus fillos, hoxe podemos ver nenos pequenos na silla de paseo co móbil nas mans”.

Informe de Unicef

Marina Ortega apuntou ao estudo realizado por Unicef e a unidade de Psiquiatría da Universidade de Santiago baseado nunha mostra de máis de 50.000 menores que pon de relevo “datos preocupantes e reveladores” no que é unha “radiografía do que nos estamos a atopar”. Salientou como exemplo que “o 25 por cento dos menores admiten ter discusións polo uso da tecnoloxía a lo menos unha vez á semana, o que e unha porcentaxe moi alta”.

Apelou á Xunta a fixar estratexias acaídas fronte a unha nova realidade que presenta novos riscos por exemplo, citou, polo uso inadecuado das pantallas, ou a potencial adictividade sen substancia dos  videoxogos. Engadiu os fenómenos de sexting ou grooming específicos das redes sociais, a distorsión da propia imaxe corporal a través destas TRIC e das expectativas das relacións sexuais derivado do acceso descontrolado a contido sexual explícito por parte dos menores.