Boborás conta dende hoxe cun punto limpo móbil que será itinerante

Hoxe, coa presencia da Alcaldesa, Patricia Torres, en Boborás no entorno do colexio público, presentouse o camión e explicáronse os detalles do seu funcionamento. O servizo do punto limpo chega así a tódalas parroquias do Concello de Boborás. Un modo de reciclar diferentes residuos que se pon ao carón da veciñanza para xerar maior impacto e facilitar a correcta xestión dos residuos domésticos.

Este camión ten un funcionamento bastante sinxelo. Deixase unha plataforma no lugar desexado, a cal está dividida nas diferentes fraccións que se poden reciclar, como por exemplo os pequenos electrodomésticos, pilas, papel, vidro, roupa, calzado, entre outros residuos. Con esta iniciativa o concello pretende sensibilizar á veciñanza na necesidade de reciclar para protexer o medio ambiente e loitar contra o cambio climático.

AVANTAR ACTIVIDADES

Polo que queremos animar a todos os veciños e veciñas de Boborás a separar correctamente os residuos e usar este novo servizo posto en marcha polos concellos para facilitar esta boa acción. O único requisito para participar e ter gañas de reciclar  e de defender a nosa natureza.

Durante o día de hoxe e mañá persoas promotoras percorreran o concello para explicar o detalle do funcionamento deste punto limpo móbil, falando directamente coa veciñanza e cos comercios. Entregaran folletos e carteis.

No ano 2022, esta previsto facer unha actividade nos centros educativos, para que a través dos nenos e nenas a concienciación chegue a tódolos fogares.

A iniciativa, de financiación europea, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.


VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV