Feijóo avanza que o concello de Pontedeva terá prioridade na próxima convocatoria de casas niño

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese co alcalde de Pontedeva, Juan Carlos González Carbajales, no seu despacho de Edificio Administrativo de San Caetano. Despacho do presidente da Xunta, Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, 10/1/2022.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladoulle hoxe ao alcalde accidental de Pontedeva, Juan Carlos González Carbajales, que o concello terá prioridade na próxima convocatoria de casas niño, ao ser un dos poucos municipios que non conta con ningún recurso de conciliación.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ademais, Feijóo informou a González Carbajales de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a estudar a posibilidade de construír 3 inmobles no concello no marco dun novo proxecto piloto para a execución de vivendas de promoción pública en madeira.

Na xuntanza, o titular do Goberno galego e o rexedor ourensán tamén avaliaron o proxecto para executar un edificio multidisciplinar, que se confinanciará entre Xunta e Concello.