Matan en México a un menor de 12 anos, neto dun matrimonio de Avión

IES CHAMOSO LAMAS

A pasada fin de semana acontecía este terrible suceso en México. Un menor de 12 anos era atopado morto na súa casa e a súa nai, ferida de gravidade. Segundo fontes próximas á familia, a asistenta da familia, ó non poder acceder á vivenda, chamou por teléfono ós avós, que residen en Avión, avisándoos da situación. Foi o matrimonio o que se comunicou ca policía e solicitou a cooperación para entrar no fogar. A policía accedeu á vivenda e atoparon á nai e fillo, ambos con feridas de bala na cabeza, pero o mozo xa estaba sen vida.

Ese mesmo día, o pasado sábado, os avós do rapaz, e pais da muller ferida, recibían unha chamada teléfonica por parte da asistenta, na lles comunicaba o acontecido. O matrimonio reside no pobo de Couso, en Avión, logo de retornar de México fai anos. Ó saber a noticia, marcharon a México, onde xa se atopan. Polo de agora, non se sabe nada máis de como evoluciona a muller, gravemente ferida.

HIPER MASIDE