O concello de Boborás realizará un curso de iniciación á informática

O concello de Boborás, en colaboración ca Xunta de Galicia, celebrará un curso de iniciación á informática. Os interesados poden apuntarse no teléfono 988 40 20 08 ou por whatsapp no 617 74 48 78, ou acudindo ao Centro Cultural Chamoso Lamas, en horario de 16:00 a 20:00 horas.
O curso será moi sinxelo e non ten límite de idade, aínda que si ten límite de aforo por seguridade. Celebrarase os días 17, 18, 20 e 21 de xaneiro, en horario de 16:00 horas a 17:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV