A casa do maior “O Lar d’Arnoia” ponse a andar neste concello

IES CHAMOSO LAMAS

O Concello de A Arnoia apoia a creación dunha Casa do Maior cedendo as instalacións municipais de Outeiro Cruz para o desenvolvemento deste proxecto piloto.
Denominada como Casa do Maior “O Lar d’Arnoia”, o centro estará destinado á atención diúrna dos maiores e será de carácter gratuíto. Esta iniciativa parte dun proxecto piloto de Casas do Maior promovido dende a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, que pretende ofertar unha alternativa aos pequenos concellos que carecen
deste tipo de servizo. A Casa do Maior acollerá a maiores de 60 anos autónomos ou con
dependencia recoñecida de grado I e II. A finalidade é preventiva e asistencial, destinada á recuperación e ou mantemento da autonomía persoal dos maiores, con atención específica as necesidades básicas, xestión do tempo libre e a alimentación.

Este tipo de lar diurno está pensado para crear un ambiente acolledor e familiar que fomente un envellecemento activo, a través de actividades saudables, sen saír da propia contorna, cun horario de luns a venres e un máximo de oito horas, establecidas dun xeito flexible e pactado coa promotora do centro. “Esta Casa do Maior consta de sala de de lectura, taller ocupacional, aula de estimulación cognitiva e clases de ximansia, entre outras moitas actividades”, explica o alcalde, Rodrigo Aparacio.

OZOCOgz Deseño Galego

O Lar d’Arnoia abrirá as súa portas unha vez finalizado o proceso de valoración de dependencia das persoas candidatas a optar as prazas, confirmando así que cumpren os requisitos esixidos para ser unha persoa usuaria dos servizos. “Atopámonos en pleno proceso de selección, pero moi pronto o Lar d´Arnoia abrirá a portas aos nosos maiores para que o sintan como unha segunda casa”, indica o alcalde. As persoas maiores que acudan deberán estar, en todo caso, empadroados no concello de Arnoia ou nun limítrofe que non dispoña de recursos de atención de día.