O conselleiro de Educación visita ós alumnos do ciclo dual de soldadura na empresa Dizmar

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Educación e FP, José Luis Mira, visitou ó alumnado do ciclo de FP Dual de Soldadura e caldeiraría nos talleres Dizmar.

O conselleiro agradeceu a todos os artífices de que a formación profesional teña este pulo no concello do Carballiño, unha formación que acadou un gran prestixio co paso dos anos e que aporta beneficios para os alumnos e para as empresas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Román Rodríguez avanzou que o proceso de ampliación das instalacións do instituto está xa en marcha ca súa licitación por un presuposto de 1,2 millóns de euros e un prazo de execución de nove meses. Asegurou que no curso 2023-2024 xa estará en marcha para as clases teóricas.

O director do IES Manuel Chamoso Lamas, Juan Aurelio Rodríguez, destacou que para o seu centro educativo é fundamental arrancar cun ciclo novidoso na provincia. Agradeceu a aposta da Xunta e de contar con empresas do sector como Dizmar e GRI.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, agradeceu a aposta da Xunta de Galicia pola formación neste concello con estas colaboracións e tamén pola reafirmación da aposta pola museízación da Fábrica de papel.