A Deputación e o Clúster da Lousa promoverán un innovador proxecto de turismo industrial nas explotacións de Valdeorras

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Victor Cobo Árias e Severino González, Presidente e Xerente da AA Galega de Pizarristas, respectivamente e acompañado de María del Carmen González Quintela (Alcaldesa do concello de Carballeda de Valdeorras).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 A Deputación de Ourense e o Clúster da Lousa de Galicia promoverán un innovador proxecto de turismo industrial nas explotacións da comarca de Valdeorras, onde a minaría ten unha forte pegada desde hai séculos e supón un sector clave tanto na economía ourensá como na galega. Así o anunciou o presidente provincial, Manuel Baltar, tralo encontro que mantivo hoxe co presidente do Clúster da Lousa, Víctor Cobo, e no que tamén participaron a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen González, e o xerente da entidade, Severino González. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A colaboración para desenvolver este proxecto de turismo industrial quedará reflectido nun convenio polo que a Deputación achegará ao Clúster unha axuda de 30.000 euros. Ademais, a institución provincial tamén asinará un segundo acordo para cooperar no financiamento das  actividades que realice este ano a entidade.  

Trala reunión celebrada no Pazo Provincial, Manuel Baltar expresou a súa satisfacción por “renovar a estreita colaboración que mantemos co sector da lousa, tan importante para a nosa economía, e nomeadamente nun proxecto turístico no que a provincia ten moito que dicir, en particular no referido ás explotacións mineiras de Valdeorras”. Baltar avanzou unha próxima visita para profundizar sobre o terreo no potencial que ten esta zona en turismo industrial. 

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Victor Cobo Árias e Severino González, Presidente e Xerente da AA Galega de Pizarristas, respectivamente e acompañado de María del Carmen González Quintela (Alcaldesa do concello de Carballeda de Valdeorras).

O Clúster da Lousa agradece a “receptividade” da Deputación 

En nome do Clúster da Lousa, Víctor Cobo agradeceu a disposición do presidente da Deputación “a seguir colaborando co sector”. Un aspecto no que insistiu Severino González: “Esta é unha institución que sempre mostrou a súa receptividade ás nosas propostas, e os resultados das accións que levamos a cabo están ahí. Ogallá esta receptividade da Deputación de Ourense a atopáramos noutros organismos. Nesta institución provincial é unha marabilla”. 

A rexedora de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen González, dirixiuse a Manuel Baltar para asegurar que con este acordo, o presidente provincial “demostra unha vez máis que Valdeorras importa moito na provincia. Él sempre aposta con xenerosidade por un sector vital para nós, e agora por un turismo que nos diferencia”.