A deputada de Igualdade e Reto Demográfico da Deputación de Ourense, Luz Doporto, participou esta mañá na entrega de premios do trail do Pereiro e andaina “Roteiro Sicenata Pacata”. A proba, organizada pola asociación de meniñas e nenos e xente xove con diabete (Anedia) coa colaboración de Deputación de Ourense e o Concello de Pereiro de Aguiar, reuniu a máis de catrocentos participantes nun roteiro que reivindica a riqueza patrimonial do municipio.