Maside, San Amaro e Beade aproban de xeito definitivo os seus orzamentos

Como cada comezo de ano, os concellos levan a pleno a súa proposta de orzamentos para o exercicio correspondente. Neste caso, aprobouse de xeito definitivo o de Maside, San Amaro e Beade. No caso de Maside, ascende o devandito orzamento, tanto en gastos coma en ingresos, á contía de dous millóns cento once mil setecentos cincuenta euros (2.111.750,00 €). Deles, preto dun millón de euros, 910.069,21 euros, correspóndese a gastos de persoal. Os investimentos reais ascenden a 428.548,27 euros.

No caso de San Amaro, dito orzamento ascende, tanto en gastos como en ingresos, á contía de oitocentos setenta e tres mil cen euros (873.100,00). En gastos de persoal, o concello inviste 151.664,12 euros e os investimentos reais ascenden a 70.893,00 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

No caso de Beade, a contía será de setecentos corenta e seis mil oitocentos euros con cero céntimos de euro (746.800,00 euros). Este concello inviste en gastos de persoal 129.000,00€ e as inversións ascenderán a 457.300,00 euros.