Este Proxecto de eficiencia enerxética supón a mellora das luminarias de todo o municipio, e implica tamén un incremento de aforro económico e de respecto ao medio ambiente.
A obra comezouse a mediados de xaneiro, e esta semana completouse a instalación nos núcleos das Chabolas, A Groba, Santo André e Esposende. En Ventosela, Valdepereira, Sanín, e Prexigueiro tamén se realizaron as melloras, quedando pendentes as farolas ornamentais. A continuación iremos á Santa Cristina, A Quinza e á Franqueirán, estimándose que a obra poderá comezar a semana que ven.

Este proxecto conta cun investimento de 729.670,93€ que chega a través do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto demográfico, grazas ao cal o Concello de Ribadavia procederá á renovación do alumeado público exterior en todo o municipio, actuando en 1725 dos 2055 puntos de luz existentes, o que supón a renovación de máis do 70% das luminarias que aínda estaban sen modernizar. Inclúe cambio a led de todas as luminarias en todas as parroquias e núcleos, así como na vila de Ribadavia.
Estas novas luminarias son máis rendibles e eficientes, supón un maior aforro enerxético e económico, incluíndo ademais cadros de mando dixitais controlables desde a central. Supoñendo unha mellora xeral en todo servizo.