Medio Ambiente asesorará ao concello de Cortegada na adaptación do contido do plan especial termal ao instrumento de ordenación municipal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

medio ambiente asesorará ao concello de cortegada na adaptación do contido do plan especial termal ao instrumento de ordenación municipal

Encarnación Rivas trasladoulle a necesidade de revisar as actuacións de urbanización previstas no documento para o desenvolvementos dos usos termais e analizar o encaixe no PXOM, aprobado con posterioridade

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda orientará e asesorará ao Concello de Cortegada na adaptación do contido do Plan especial do parque termal ao instrumento de ordenación municipal en vigor.

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, trasladou esta mañá ao alcalde Avelino de Francisco -durante unha visita á contorna do antigo balneario- a colaboración dos técnicos da Dirección Xeral para revisar as actuacións de urbanización que se prevén neste proxecto termal -que impulsa o concello- e analizar o encaixe no Plan xeral de ordenación municipal -aprobado en 2012-, posteriormente o plan especial.

Nese sentido, Encarnación Rivas indicoulle que é necesario adaptar a clasificación dos solos, para garantir a viabilidade das actuacións previstas; pois se ben no plan especial o ámbito está recollido como un sistema xeral de espazos libre e equipamentos, nos planos de estrutura xeral do territorio do PXOM, o solo está clasificado como rústico.

A directora xeral invitou ao alcalde a implicarse desde xa neste proxecto, que ten por obxectivo dinamizar e recuperar varias edificacións e apostar un turismo sostible ligado á cultura da auga e vitivinícola, moi presente na zona.