O Carballiño presenta estabilidade mantendo 283 contaxios activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, mantén 283 contaxios, mesma cifra ca onte. Maside sobe dous casos ata os 42. San Cristovo de Cea sobe seis casos ata os 43. Boborás baixa un caso ata os 26. O Irixo sete un caso ata os 21. Beariz sobe ós 15 casos e San Amaro sobe ós 17. Punxín presenta unha gran suba, de 7 casos de onte a 30 de hoxe. Piñor sobe un caso ata os 4.

A comunidade galega rexistra hoxe 5.966 contaxios. O número de casos activos descenden hoxe ata os 60.277. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 40 (-1) están en UCI e 641 (-22) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 605 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan hoxe ata os 6.015 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 91 (+2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (=)  na UCI.