Marcedes Losada, filla de Antón Losada Diéguez, foi enterrada esta fin de semana en Moldes

IES CHAMOSO LAMAS

Mercedes Losada Espinosa, filla de Antón Losada Diéguez e presidenta de honra da fundación que leva seu nome, foi enterrada esta pasada fin de semana no cemiterio de Moldes. Ao funeral asistiron numerosos veciños da vila e tamén a alcaldesa do concello de Boborás, tamén acudindo como amiga e como presidenta da fundación, así como personalidades do mundo da cultura, como Luis González Tosar, Alfonso Vázquez Monxardín ou Avelino Muleiro, entre outros.

Tamén, en representación da Xunta de Galicia, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.

OZOCOgz Deseño Galego