O concello mellora o asfaltado no Torrón, na parroquia de Señorín

Uns días atrás, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, anunciaba o comezo da execución das obras que xa foran adxudicadas o pasado ano, tamén con cargo ós orzamentos do 2021. Estas obras consisten en melloras no saneamento e no abastecemento e asfaltado, e nalgunhas zonas no cambio das beirarrúas. Permitirán acabar co acondicionamento das parroquias periféricas, coma Señorín, Seoane, Veiga e Arcos. Hoxe achegámonos ata as actuacións no Torrón, en Señorín.

Nesas mesmas zonas estase rematando co cambio de luminarias a sistema LED, o que supón unha gran mellora da calidade de vida pero tamén un aforro enerxético importante, sobre todo co incremento do prezo da luz.

AVANTAR ACTIVIDADES