O Carballiño volve á tendencia á alza subindo 17 casos ata un total de 247 contaxios activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe nesta xornada 17 casos, ata un total de 247. Maside sobe dous casos ata os 49. San Cristovo de Cea baixa ata os 33 casos. Punxín mantén 29 casos. O Irixo baixa ós 20 casos e Boborás mantén os 18. San Amaro sobe hoxe notablemente dos 25 ós 40 casos. Piñor baixa ós 11 casos. Beariz mantén 5 casos.

Ribadavia sobe ata os 125 contaxios. Avión conta con 53 contaxios e Arnoia baixa ós 33.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 3.787 contaxios. O número de casos activos descenden hoxe ata os 49.182. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 47 (-1) están en UCI e 635 (-11) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 440 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben hoxe ata os 4.899. En canto á presión hospitalaria, contamos con 116 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (-1)  na UCI.