O Concello de Cea, Deputación e a súa propietaria asinaron o convenio para a reapertura do museo etnográfico Olimpio Liste, en Oseira

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou esta mañá o convenio de colaboración que permitirá a reapertura do Museo Etnográfico Olimpio Liste, ó carón do Mosteiro de Oseira. No acto tamén participaron o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, e a propietaria do espazo museístico, Araceli Mercedes Liste Fernández. 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar recorda a aposta firme da entidade que lidera por manter viva a identidade enraizada da terra galega e da súa cultura, e esta mostra é un dos mellores exemplos, que se compromete a coidar e promocionar.

AVANTAR ACTIVIDADES

Hoxe, despois de nove anos, volve a abrir este museo, e cúmprese así o acordo que trascende cos pais de Araceli e o concello de Cea. O alcalde, José Luis Valladares, fala del coma un dos máis destacados de Galicia e pon toda a súa intención e a doutras administracións para mantelo vivo e promocionalo.

Araceli recordou o primeiro día que esta compilación feita polos seus pais viu a luz ó público, e agora, que ela non pode continuar con este legado, séntese satisfeita que o museo poida seguir adiante a través deste convenio.