O MPC Terras de Cea estrease cun subcampeonato de Galicia de Resistencia BTT

O clube de nova formación do Concello de Cea disputaba este domingo en Noia a súa primeira proba competitiva a nivel autonómico coa presenza de tres corredores, o mais destacado Diego Marnotes que lograba o segundo posto en categoría Sub-23, por outra parte Antonio Marnotes rozaba o podium cun gran 5 posto en Master 50 e Luis José Muradas que se metía no Top20 Master 40.