Sofía da Silva, do Club Ciclista Os Mosqueteiros, acada o primeiro título da tempada en Noia

IES CHAMOSO LAMAS

Primeiro título desta tempada para o ciclismo carballiñés. Sofía da Silva, do Club Ciclista Os Mosqueteiros, logrou o título de M30 no Campionato Galego de Resistencia celebrado este domingo en Noia. Sofía anotou unha carreira e conseguiu o primeiro posto da súa categoría e polo tanto o título de Campioa de Galicia. Seguro que será o primeiro de moitos nesta tempada. Tamén é meritorio o ?10 logrado por Nelson Cardoso e Yago Souto que asinaron un ?20.