Novas actividades e novo voluntariado na Omix de Ribadavia

Xa están en Ribadavia as novas 4 persoas voluntarias do Corpo Europeo de Solidaridade do Concello de Ribadavia.

Estarán durante un ano e pronto anunciaremos todas as actividades nas que colaborarán. Elas son Sandy de Francia, Katarzyna de Polonia, Mafalda de Portugal e Silvia de Jetafe e na fotografía as acompaña o técnico do concello que supervisa o seu proxecto (Manuel Araujo Montero). Consultanos tamén polos obradoiros de idiomas (francés, inglés, portugués, Chinés, Polaco…).

AVANTAR ACTIVIDADES

Aquí tedes as actividades que temos en marcha agora mesmo e as que podedes anotarvos desde xa no mail omix.ribadavia@gmail.com

  • CHEF DE ENTROIDO

Tes entre 7 e 13 anos? Pois podedes vir o martes 1 de marzo ás 16:00h o Centro Sociocomunitario de Ribadavia acompañadxs da vosa nai, pai ou dun adulto para que poidades cociñar e degustar as vosas propias orellas de entroido! Agardan por vós momentos divertidos e gula Desta forma podes inscribir aos teus fillos

Envía un correo electrónico a omix.ribadavia@gmail.com(co seu nome, apelidos, DNI do menor, correo electrónico e teléfono, ademaís do nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto da persoa adulta responsable do menor) Agardaremos por ti!

  • OBRADOIROS DE MEDITACIÓN

Este mes comezamos co grupo de meditación. ¿Qué faremos neste obradoido?Cultivar o noso autocoñecemento (coñecer e comprender o noso corpo, mente e emocións)🌿Crear un grupo como fonte de apoio, coidado mutuo, confianza e aprendizaxe conxunto Cultivar o benestar físico, mental, emocional e social.

Coñecer as bases teóricas da meditación e do Mindfulness: beneficios, dificultades, prácticas, técnicas, bibliografía.O obradoiro será unha vez á semana pola tardePara persoas de entre 18 y 35 anosAs sesións terán unha duración entre hora e hora e media¿Queres participar? Podes suxerir horarios en omix.ribadavia@gmail.com

  • Nova oportunidade de voluntariado do Corpo Europeo de Solidaridade en Alemania

Tes entre 18 e 30 anos? Interésache a política e a historia? Queres ser parte dunha organización que educa aos mozos nestes temas? Entón convértete nun voluntario europeo no PJR Dresden. PJR Dresden ofrece aos voluntarios europeos a oportunidade de incorporarse ao apoio da organización en educación cívica ata doce meses. O voluntario apoiará ao equipo de traballo nunha ampla gama de proxectos que inclúen proxectos educativos en contornas formais e informais, viaxes educativas a institucións políticas e sitios conmemorativos, así como intercambios internacionais de mozxs principalmente cos países de Europa do Leste. O voluntario comeza o 1 de outubro e será durante 12 meses 📧 Se está interesado, @contáctar: omix.ribadavia@gmail.com