A rúa Conde Vallellano celebra o Entroido con mecos e sorteos

IES CHAMOSO LAMAS

O comercio local da rúa Conde Vallellano do Carballiño animouse este ano a celebrar o Entroido sacando á rúa os seus propios mecos, neste caso en feminino, xa que a totalidade das traballadoras que se animaron son mulleres. Esta idea naceu de xeito espontáneo, ca intención de dar vida á rúa neste Entroido.

Fixeron a caracterización das mecas cun guiño ó seu comercio, ca intención tamén de promover e incentivar ás compras. Animan ós comerciantes de toda a vila a que animen a esta iniciativa, como un medio máis para animar trala situación vivida pola covid.

HIPER MASIDE

Ademais de convidar a todos os veciños a que se acheguen a ver o seu traballo, terá premio. Todos os que se saquen unha selfie con estas mecas e as compartan en redes etiquetando ó establecemento correspondente entrarán nun sorteo de produtos desa tenda.